Thursday 25 de April de 2024

Redrum Teatro abre mañá sábado o Brión Cultural 2021 coa súa obra “Idiota”


A programación inclúe oito representacións teatrais gratuítas, todos os sábados de outubro e novembro, ás 20:00 horas, no polivalente

A compañía Redrum Teatro e a súa obra “Idiota” abrirán mañá sábado 2 de outubro, ás 20:00 horas, a programación do Brión Cultural 2021, que encherá de teatro profesional o centro social polivalente os oito próximos sábados. Así, o “Brión Cultural” desenvolverase todos os sábados de outubro e novembro, ás 20:00 horas, no auditorio do centro social polivalente. As entradas serán de balde ata completar o aforo, con reserva previa a través do correo electrónico entradasbrion@gmail.com.